Sincrolab, un proxecto asociado ao Centro de Tecnoloxía Biomédica da Universidade Politécnica de Madrid. O obxectivo principal que persigue o programa é estimular a través de xogos didácticos o desenvolvemento cognitivo para tódalas idades.

A través de Sincrolab se poden traballar diferentes áreas como atención, memoria, funcións executivas,TDAH, dislexia, etc.

Sincrolab segue, principalmente, tres liñas de acción:

Personalización

A aplicación permite deseñar un plan de entrenamento axeitado para cada persoa basándose na Intelixencia Artificial Sincrolab, que se adapta según os resultados que obtén do entrenamento e modifica os niveis de dificultade de maneira progresiva mantendo sempre un reto e unha gran diversidade de estímulos.

Evolutivo

Continuamente se revisan as tarefas e a inclusión de novos exercicios reforzando así o uso continuado por parte da persoa usuaria.

Móbil

Unha das maiores características do programa é a gran flexibilidade que otorga ao poder utilizarse a través de dispositivos móbiles xerando de esta maneira que a persoa usuaria leve a cabo a terapia dende o seu propio domicilio.

Máis información sobre Sincrolab en: https://www.sincrolab.es/