Sábado 15 de febreiro ás 🕛 12 da mañá temos unha charla moi interesante a cargo de Nuria (traballadora social).
Coñeces os recursos e axudas sociais dos que contamos en Galicia? Hai axudas e trámites que descoñecemos, e son importantes para aquelas familias que teñen algunha crianza con dificultades no desenvolvemento. Tamén sabemos que os trámites para solicitar o grao de discapacidade acostuma resultar complicado. Para poder aclarar tódalas dúbidas non te perdas o vindeiro sábado esta cita en Inquedanzas.