Lupe, pedagoga, cualidades coma a constancia e a paciencia destacan no seu quefacer diario. As súas intervencións teñen coma obxectivo potenciar as capacidades de cada neno e nena a través dunha pedagoxía respectúosa e centrada nas necesidades persoais e educativas de cada crianza.

“Sawabona”, é un cumprido en África e quere dicir “Te respecto, te valoro. Es importante para min”. En resposta a xente di “Shikoba”, que é: “entón eu existo para ti”.

A súa labor de apoio pedagóxico as crianzas, estendese as familias, e ao profesorado, e empápase da filosofía “Ubuntu, que é: Eu son porque nos somos”. “Implica ter en conta ao outro. É unha forma de sentir en común, de traballar en común e de por a disposición, de todos ou de moitos, os logros e éxitos propios e dos demais”.

 

Traxectoria académica e profesional:

  • Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

  • Máster en Asesoramento e Orientación Familiar pola USC.

  • Especialista en Intervención pedagóxica e dificultades de aprendizaxe.

  • Técnica educativa no Proxecto Inclúe + D: Atención a Alumnos con Necesidades Educativas Especiais por motivos de Discapacidade, para COCEMFE.

  • Especialista en Intervención con Menores en Dificultade Social.

  • Coordinadora pedagóxica dos servizos de atención terapéutica e ocupacional de COGAMI.

  • Educadora de menores en situación de risco social. Proxecto educativo de intervención social no Concello de O Porriño.

  • Educadora familiar e pedagoga social no Concello de Salceda.

  • Voluntaria en actividades de Natación Terapéutica e Animación sociocultural e tempo libre con persoas con discapacidade.

 

Tarefas/funcións a desenvolver:

  • Avaliación pedagóxica: identificación de necesidades educativas, elaboración de informes pedagóxicos, propostas de intervención e tipos de apoio persoais e materiais.

  • Intervencións nas dificultades de aprendizaxe da linguaxe e da lectoescritura.

  • Intervencións nas dificultades de aprendizaxe en matemáticas.

  • Intervencións no estilo e habilidades de aprendizaxe xeral.

  • Intervencións nas dificultades no axuste e desenvolvemento persoal e social.

  • Intervencións na familia e no contexto educativo-social.