Como gozamos nas sesións de equinoterapia!! Porque a equitación terapéutica é unha actividade moi reconfortante e motivadora…  Mostramos imaxes das sesións de onte onde a Logopeda e a Terapeuta Ocupacional traballan en equipo para apoiar e mellorar habilidades sociais, comunicación e linguaxe, memoria, atención, destrezas motoras como coordinación e equilibrio, integración sensorial… Sen olvidar que a través do contacto e o vínculo cos cabalos gañamos moita confianza e seguridade en nos mesmas/os, claves para unha mellor aprendizaxe.