Integramos as nosas actividades e sesións terapéuticas nun espazo en contacto coa natureza e con animais. Un espazo activo de aprendizaxe vivencial que provoque as ganas de movemento, ilusión, compartir e xogar!

Sí, xogar é a ferramenta que temos dende ben cativas e cativos para desenvolver as áreas motoras, cognitivas e da comunicación e linguaxe. Se coidamos o xogo, e o contexto no que xogamos así como valoramos a  promoción da autonomía na infancia, podemos potenciar maiores aprendizaxes e maior confianza e autoestima para medrar felices!