2ª edición

Destinado a tódolas nenas e nenos entre 3 e 12 anos. Consideramos este campamento moi beneficioso para crianzas con neurodiversidade e/ou dificultades de aprendizaxe, ou nenas e nenos que sen presentar necesidades de apoio de ningún tipo as súas familias desexan que teñan a gran experiencia de xogar e aprender nun espazo natural que potencie ao máximo as súas capacidades de aprendizaxe, as súas competencias sociais, emocionais e a súa autoestima.

O campamento realízase  nas instalacións de Inquedanzas.

O noso obxectivo é, en un ambiente lúdico e adaptado, axudar a maduración neurolóxica das nenas e dos nenos, a súa socialización, autonomía, a obter maior seguridade en sí mesmas, a saber resolver os seus conflictos e dificultades, respeto de turnos, seguimento de normas e creación de novos vínculos… A través do xogo, os contos, a psicomotricidade, a danza, o ioga, o teatro, a música e as actividades asistida con animais!!

Organización: Os nenos/as se agrupan en equipos de 5-6 nenos/as, estes grupos son homoxéneos tendo en conta a idade e as necesidades específicas. Os talleres se realizan con un, dous ou tres profesionais (dependendo das características das crianzas, a actividade a realizar e os obxectivos a conseguir). Hai actividades que se realizan con tódalas crianzas xuntas (hora de tentempé, paseos pola natureza, obradoiros de arqueoloxía…).

Terapeutas e personal responsable: Tódalas actividades terapéuticas serán levadas a cabo por especialistas con formación e titulación universitaria: Terapeutas Ocupacionais, Pedagogas, Psicomotricistas, Psicólogas e Logopedas.

O prezo inclúe:

Actividades terapéuticas, materiais e actividades de tempo libre. Non cubre as comidas.

Reserva xa a túa praza!

  • Reserva de praza: 90 euros. Dende o 20 de maio. Prioridade para as nosas familias, actualmente usuarias ou en datas anteriores dos servizos de Inquedanzas.

  • O resto do importe realizarase 7 días antes do inicio do campamento.

  • Asignación por orde riguroso de inscrición e de pago.

Política de cancelación

  • Quince días antes do comezo do campamento devolveranse os 90 euros da reserva.

  • Despois desa data, non se devolverá o pago da reserva en concepto de gastos de administración e reserva de praza.

Tarifas:

  • 2 semanas de luns a venres:  9:00 – 14:00 horas:   180€     

Datas: 1 a 13 de xullo ou do 15 ao 31 de xullo

  • O mes completo:  9:00 – 14:00 horas:  360€

  • Servizo de 8:00 a 9:00 horas para madrugadores/as: 10€ por semana*

  • Servizo comedor de 14:00 a 15:00 horas traendo fiambreira: 10€ por semana*

*Días soltos 3 €/hora a maiores

  • Desconto por irmáns de 10%                               

Reservas:

Teléfono: 683 30 83 52 / 986 65 85 32