Inquedanzas polas mañás é un espazo de aprendizaxe vivencial para nenas e nenos dende                                   o ano ata os tres (1-3 anos). Dividido por ambientes, teñen ao seu alcance os materiais para
desenvolver libremente os seus potenciais, a súa creatividade, divertirse, compartir e
convivir. Localizado nun entorno natural onde cultivar o respecto por elas mesmas,
polas demais e pola natureza.
Nenas e nenos son as protagonistas da súa aprendizaxe nun ambiente relaxado no que as
diversas necesidades, ritmos e intereses son respectados.
Baseándonos nas metodoloxías activas, as pequenas aprenderán a través das súas
vivencias e experiencias.
Inspirándonos en pedagoxías como as de Montessori, Waldorf ou Reggio Emilia, e
empregando o xogo como estratexia fundamental de aprendizaxe.

As adultas reponsables proporcionarán un acompañamento emocional e de respecto para dotar a
meniños e meniñas de ferramentas que fagan posible a súa autonomía e autorregulación.
Cremos nunha educación libre e inclusiva onde os e as cativas aprendan en igualdade,
polo que no espazo Inquedanzas todas somos benvidas!