Campamento vivencial e na natureza

Moitas familias queren que os seus fillos ou as súas fillas asistan a campamentos, escolas de verán… pero, se precisan unha atención máis personalizada, temen que poidan sentirse perdidos en grupos grandes, ter reaccións inesperadas ou outras dificultades…
En Inquedanzas os nenos e nenas desfrutan de actividades lúdicas e xogos grupais, en un espazo de aprendizaxe activo, vivencial e inmerso na natureza, ao mesmo tempo que reciben terapias máis personalizadas e con un grupo de profesionais cualificadas.
O noso obxectivo é, en un ambiente lúdico, axudar a maduración neurolóxica das nenas e dos nenos, a súa socialización, autonomía, a obter maior seguridade en sí mesmas, a saber resolver os seus conflitos e dificultades, respecto de quendas, seguimento de normas e creación de novos vínculos.
Partimos da motivación máxima que é o xogo e con un enfoque lúdico abordamos os seguintes obxectivos:
Integración sensorial
Atención e memoria
Motricidade fina
Dificultades de lecto-escritura
Psicomotricidade
Creatividade
Expresión corporal
Habilidades sociais
Resolución de problemas
Linguaxe e comunicación
Funcións executivas
Xogo simbólico
Coñecemento, regulación e autocontrol das emocións

Que metodoloxía seguimos?
Para conseguir os obxectivo usamos conxuntamente as diversas terapias dispoñibles habitualmente no centro: Terapia Ocupacional, Integración Sensorial, Psicoloxía e Logopedia. A través do xogo, os contos, a psicomotricidade, a danza, o teatro, a música e a Intervención asistida con animais as nenas e os nenos desfrutarán de actividades estruturadas e de momentos de xogo libre, non dirixido.
A especialidade terapéutica de Inquedanzas, a súa filosofía e a formación das profesionais, permite traballar, de forma intensiva, áreas ou habilidades concretas, aumentando significativamente as súas destrezas, capacidades e o seu desempeño nas actividades da vida diaria (hixiene, utilización do baño, vestido, alimentación…).
Destinado a:
Tódalas nenas e nenos en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e especialmente recomendado a nenas/os que presentan dificultades de aprendizaxe ou trastornos no seu desenvolvemento (Trastornos do espectro autista, Síndrome de Asperger…)
Beneficioso tamén para aquelas nenas e nenos que presentan retraso na súa maduración e poden presentar tamén unha disfunción na integración sensorial. Problemas de coordinación motriz e control postural. Trastorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade. Dificultades da linguaxe. Problemas condutuais ou sociais.
Organización: Os nenos/as se agrupan en equipos de 5-6 nenos/as, estes grupos son homoxéneos tendo en conta a idade e o perfil terapéutico. Os talleres se realizan con un, dous ou tres profesionais (dependendo das características das crianzas, a actividade a realizar e os obxectivos a conseguir).
Sesións Terapéuticas
As sesións terapéuticas adaptaranse ás características dos grupos, intensificando aquelas que o grupo máis necesite. Se poden dar sesión puras ou combinadas entre dúas disciplinas. Cada día o neno ou nena recibirá 3 sesións terapéuticas de distintas disciplinas.
Terapeutas e persoal responsable
Todas as actividades terapéuticas serán levadas a cabo por especialistas con formación e titulación universitaria, mediante o uso de técnicas recoñecidas internacionalmente: Terapeutas Ocupacionais, Psicomotricistas, Psicólogas e Logopedas.
O prezo inclúe:
Actividades terapéuticas.
Materiais e actividades de tempo libre.
Non cubre as comidas que deberá traer cada nena/o na súa mochila, xunto con unha muda de recambio. Inquedanzas subministrará auga para cada neno/a.
Información para as familias
Antes de iniciar o campamento informarase as familias de que grupos se formarán, os horarios das actividades e obxectivos do grupo, así como o currículum das terapeutas.
Ao finalizar o campamento se informará as familias dos obxectivos traballados, as actividades da vida diaria traballadas (alimentación, xogo, vestido, aseo…), estado anímico e de socialización, xogo libre…