Natividad, logopeda destaca o empeño por adaptarse ás crianzas e familias. Unha das súas habilidades é a capacidade de aplicar e integrar os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación no xogo, xa que non hai mellor forma de aprender que xogando. “ Se mo dis, o esquezo; se mo ensinas, recordo; se me involucras, aprendo”. Bejamín Franklin.

  • Diplomada en Logopedia pola Universidade da Coruña
  • Título de Técnico superior en Interpretación de Lingua de Signos en Áxel Casal- Monte Alto de A Coruña.
  • Formación continuada específica en Trastorno do Espectro Autista.- Formación en Integración Sensorial
  • Formación e experiencia no coidado e acompañamento de persoas con discapacidade. FADEMGA.
  • Curso de “Formación específica de voluntariado para acompañamento de persoas sordas e sordocegas en risco de exclusión social”.
  • Curso sobre a relación entre a visión e a aprendizaxe. Cómo detectar dificultades visuais que podan obstaculizar a aprendizaxe.