Ana, a psicóloga, destaca polo seu afán de axuda, empatía e de búsqueda de solucións. Traballa con nenos e adolescentes con e sen patoloxías e tamén con adultos, xa que, moitos dos problemas nesta etapa orixínanse a idades máis temperás. A súa formación abrangue diversos métodos terapéuticos, como a terapia sistémica ou EMDR, coa finalidade de aplicar aquel que máis beneficie a cada persoa.

  • Licenciada en Psicoloxía pola USC
  • Psicóloga sanitaria habilitada
  • Terapeuta familiar Sistémica
  • Terapeuta EMDR Nivel 2  en adultos e Nivel 1 en infancia
  • Monitora socio-cultural pola Escola de Formación Social de Vigo
  • Master en trastornos da aprendizaxe e dificultades da linguaxe pola UOC
  • Formación en Violencia de xénero
  • Apego e trauma interpersoal temperá: desafíos para EMDR no tratamento de nenos/as e pais/nais ou coidadores en Madrid
  • Terapeuta EMDR NIVEL 1 en trastornos alimentarios e Trastorno Límite de Personalidade
  • Experta en intervención social en drogodependencias pola FAD e a Universidade Complutense de Madrid