Somos un equipo de profesionais de distintas disciplinas unidas para dar respostas de maneira individualizada e axustada as necesidades particulares de cada nena/o, adolescente e as súas familias.

Traballamos de maneira interdisciplinar e transdiciplinar:

Interdisciplinar porque somos profesionais de diferentes disciplinas, con un espazo formal para un traballo de colaboración. As decisións e os obxectivos son elaborados por todo o equipo en coordinacións periódicas.

Transdisciplinar porque compartimos os coñecementos e estratexias de intervención dende as distintas disciplinas entre todas as persoas que formamos o equipo. Unha profesional do equipo asume a responsabilidade do contacto directo coa familia, dicimos que é a tutora ou terapeuta de referencia.

Todas as profesionais do equipo realizan orientacións e avaliacións cando é preciso e deste xeito a tutora de referencia pode dar respostas axeitadas as necesidades e preocupacións de cada familia.


Mari Carme Vaqueiro Álvarez
Terapeuta Ocupacional

Mari, apaixonada da súa profesión, a terapia ocupacional. No comezo dos seus estudos descubriu a importancia de formarse na teoría de Integración Sensorial, debido a implicación que ten este desorde en nenas e nenos con dificultades do desenvolvemento. Adora os burros e os cabalos, sendo experta en intervención asistida con animais. Desfruta conquistando sorrisos ás crianzas, valora o xogo en plena natureza e imaxina un futuro no que a inclusión, en todos os ámbitos da sociedade, xa non sexa unha utopía.

Curriculum Vitae

  • Graduada en Terapia Ocupacional pola Universidade de Oviedo
  • Certificada en Integración Sensorial pola Universidade do Sur de California
  • Especialista en Intervencións Asistidas con Animais
  • Formación continua en T.E.A. e Atención Temperá
  • Formación en terapia hortícola e musicoterapia
  • Técnica Superior en Animación Sociocultural
  • Formación no método Bobath en infancia
  • Formadora ocupacional con certificado de profesionalidade de docencia da formación profesional para o emprego
  • Voluntaria no Centro Materno Infantil Santa María de Los Ángeles (Bolivia) mediante o programa de Universitarios Cooperantes da Universidade de Oviedo

 

Natividad Coto Justo
Logopeda

Natividad, a logopeda destaca o empeño por adaptarse ás crianzas e familias. Unha das súas habilidades é a capacidade de aplicar e integrar os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación no xogo, xa que non hai mellor forma de aprender que xogando. “ Se mo dis, o esquezo; se mo ensinas, recordo; se me involucras, aprendo”. Bejamín Franklin.

Curriculum Vitae

  • Diplomada en Logopedia pola Universidade da Coruña
  • Título de Técnico superior en Interpretación de Lingua de Signos en Áxel Casal- Monte Alto de A Coruña.
  • Formación continuada específica en Trastorno do Espectro Autista. Formación en Integración Sensorial
  • Formación e experiencia no coidado e acompañamento de persoas con discapacidade. FADEMGA.
  • Curso de “Formación específica de voluntariado para acompañamento de persoas sordas e sordocegas en risco de exclusión social”.
  • Curso sobre a relación entre a visión e a aprendizaxe. Cómo detectar dificultades visuais que podan obstaculizar a aprendizaxe.

 

Ana Regal
Psicóloga

Ana, a psicóloga, destaca polo seu afán de axuda, empatía e de búsqueda de solucións. Traballa con nenos e adolescentes con e sen patoloxías e tamén con adultos, xa que, moitos dos problemas nesta etapa orixínanse a idades máis temperás. A súa formación abrangue diversos métodos terapéuticos, como a terapia sistémica ou EMDR, coa finalidade de aplicar aquel que máis beneficie a​ persoa.

Curriculum Vitae

  • Licenciada en Psicoloxía pola USC
  • Psicóloga sanitaria habilitada
  • Terapeuta familiar Sistémica
  • Terapeuta EMDR Nivel 2  en adultos e Nivel 1 en infancia
  • Monitora socio-cultural pola Escola de Formación Social de Vigo
  • Master en trastornos da aprendizaxe e dificultades da linguaxe pola UOC
  • Formación en Violencia de xénero
  • Apego e trauma interpersoal temperá: desafíos para EMDR no tratamento de nenos/as e pais/nais ou coidadores en Madrid
  • Terapeuta EMDR NIVEL 1 en trastornos alimentarios e Trastorno Límite de Personalidade
  • Experta en intervención social en drogodependencias pola FAD e a Universidade Complutense de Madrid