En Inquedanzas estamos moi ilusionadas preparando un novo espazo de intervención en Porriño, deixando de dar servizo no actual centro en Salvaterra de Miño a partir da última semana de xuño e continuando como ata agora realizando intervencións nos entornos naturais.

Un espazo activo de aprendizaxe vivencial que provoque as ganas de movemento, ilusión, compartir e xogar! Sí, xogar é a ferramenta que temos dende cativos para desenvolver as áreas motoras, cognitivas e da comunicación e linguaxe. Se coidamos o xogo e o contexto no que xogamos, así como valoramos a  promoción da autonomía na infancia, podemos potenciar maiores aprendizaxes e maior confianza e autoestima para medrar felices.

Son precisos espazos inclusivos, onde nenas e nenos con ou sen necesidades especiais interactúen xuntas, aprendan a xogar, xoguen a crear outras realidades, porque a inclusión non se aprende, a inclusión vívese!

Ofrecer xogos con alto compoñente de creatividade como o xogo simbólico, xogos con movemento e traballo corporal son necesarios para  o neurodesenvolvemento, por iso en Inquedanzas contamos con áreas de xogo simbólico e unha sala de Terapia Ocupacional con enfoque de Integración Sensorial. A maioría de nenas e nenos pasan moitas horas sen a penas moverse o longo da xornada escolar, por iso desexamos ofrecer un espazo rodeado de natureza por todos os beneficios que supón para a saúde física e emocional! Pensamos que o mellor contexto para traballar habilidades sociais é en un grupo de nenas e nenos xogando felices, con moito espazo e co apoio de profesionais cualificadas.