Estamos a 2 minutos do casco urbano do Porriño, en dirección a vila de Cans, no Concello de Porriño.
A 23 minutos de Vigo, 12 minutos dende Ponteareas ou 20 minutos de Salvaterra do Miño.
En Inquedanzas temos unhas instalacións idóneas con 2.700 metros cadrados de superficie exterior. O baixo da casa conta con recepción, despacho, 1 sala de Integración sensorial e psicomotricidade, sala de terapias individuais e grupais, espazo de arte e lectura,  cociña de leña, baños adaptados interiores e exteriores.
Tódalas salas dispoñen de amplos espazos para poder realizar actividades terapéuticas e lúdicas.
O exterior conta con unha superficie moi ampla de zona verde, a cal rodea o río Fruxán, para disfrute das crianzas temos un parque con torre de madeira, zona de area, espazo de horta, etc.
info@inquedanzas.org
        683 30 83 52         986 658 532
Lugar Albarín, 1, baixo. Atios
Na contorna de Cans
O Porriño
36418. Pontevedra