Talleres e formación para escolas

A Zancadas

Social

atencion temprana de 0 a 6 años

A Zancadas: obradoiros e formación para escolas

A Zancadas é un servizo de asesoramento e formación para a docencia, onde organizamos talleres para profesorado e colexios.

Inquedanzas conta con unha liña de acción social con focaxe comunitaria que ten por obxectivo avanzar na transformación da sociedade, cara un modelo igualitario, diverso e xusto, onde a formación e intervención no eido escolar, sexan as protagonistas, este proxecto é A Zancadas.

Que facemos?

Comunidade

Xuntanzas na comunidade educativa, entre familias e profesorado para fortalecer as súas habilidades e capacidades intercambiando experiencias.

Asesoramento

Asesoramento e formación para conseguir escolas intelixentes a nivel sensorial con formación e estratexias para as aulas dende o enfoque de Integración sensorial.

Dinamización

Programas inclusivos para a dinamización dos recreos e patios nas escolas.

Obradoiros

Obradoiros para alumnado onde a música, a danza, a narración oral, o teatro e o audiovisual serán achegados durante ao alumnado, có fin de dar a coñecer propostas artísticas, impulsoras da reflexión e inspiración transformadora.

Charlas

Foros de debate para analizar como nos debuxos animados, xogos, videoxogos e deportes se producen e reproducen estereotipos e violencias machistas, racistas e heteronormativas, de cara a concienciar para unha transformación social.

Acoso escolar

Contribuír a un pensamento crítico para a detección de as situacións de acoso do alumnado LGTBIQ.

Divulgación

Elaboración de guías e resultados dos procesos participativos para contribuír á divulgación do coñecemento.

Escolas de familias

Información

Outras accións de formación e información para a comunidade educativa.

liñas

Precisas información?

Se, como parte da comunidade educativa, precisas saber máis sobre o programa de formación e asesoramento para o voso centro educativo contacta con nós. Se formas parte dunha ANPA e precisas acompañamento profesional na elaboración das vosas propostas para solicitar a axudas e subvencións, ou buscades actividades de interese para o voso centro educativo podes informarte aquí.

asesoramiento-escuela-escuela de familias- de padres talleres