Inquedanzas polas mañás  é un espazo de aprendizaxe vivencial para nenas e nenos dende o ano ata
os tres (1-3 anos).

Inspirándonos en pedagoxías como as de Montessori, Waldorf ou Reggio Emilia, e
empregando o xogo como estratexia fundamental de aprendizaxe.

Dividido por ambientes, teñen ao seu alcance os materiais para
desenvolver libremente os seus potenciais, a súa creatividade, divertirse, compartir e
convivir.

Localizado nun entorno natural onde cultivar o respecto por elas mesmas,
polas demais e pola natureza.


Nenas e nenos son as protagonistas da súa aprendizaxe nun ambiente relaxado no que as
diversas necesidades, ritmos e intereses son respectados. Baseándonos nas metodoloxías
activas, as pequenas aprenderán a través das súas vivencias e experiencias, empregando
o xogo como estratexia fundamental de aprendizaxe. As adultas responsables
proporcionarán un acompañamento emocional e de respecto para dotar a meniñas e
meniños de ferramentas que fagan posible a súa autonomía e autorregulación.

Cremos nunha educación libre e inclusiva onde os e as cativas aprendan en igualdade,
polo que no espazo Inquedanzas todas somos benvidas.