Actividades de verán en  INQUEDANZAS Porriño  2022 (6ª edición)

INFORMACIÓN

Consideramos este campamento moi beneficioso para crianzas con neurodiversidade e/ou dificultades de aprendizaxe, ou nenas e nenos que sen precisar necesidades específicas de apoio educativo as súas familias desexan que teñan a gran experiencia de xogar e aprender nun espazo natural que potencie ao máximo as súas capacidades de aprendizaxe, as súas competencias sociais, emocionais e a súa autoestima.

Datas
Posibilidade de acudir por semana, quincena ou mes completo.

1ª quincena de xullo: dende o 4 ao 15 de xullo
2ª quincena xullo: dende o 18 ao 29 de xullo
Son FESTIVOS o 11 e o 25 de xullo

Horario
De luns a venres nos seguintes horarios:

Horario de 9:00h a 14:00h

Idades
Destinado a tódolas nenas e nenos entre 3 e 10 anos. Deberán ter cumpridos os 3 anos no momento da inscrición.

PRAZOS DE INSCRICIÓN

Para as familias que asisten ou asistiron a outros servizos de Inquedanzas, prazo preferente de reserva de praza dende o 18 de maio.

A partir do 23 de maio apertura a tódalas familias.

TARIFAS

Semana 130 € / 110 €
Quincena 240 € / 190 €
Mes 460 € / 350 €

*As tarifas con desconto aplícanse as familias que combinan as actividades de verán cas sesións terapéuticas.
*Non se aplica o desconto a aquelas familias que reciben libranzas vinculadas a autonomía persoal ou para atención temperá, así como outras axudas públicas destinadas as actividades de verán de ocio inclusivo.
*A partir do segundo irmán aplícase un desconto dun 5%.
*Os descontos non son acumulables.
*Os prezos inclúen un seguro por cada crianza.

CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN

1º PASO
Consulta o estado actualizado das prazas na nosa páxina web https://inquedanzas.org/ antes de facer o ingreso ou ben nos nosos números de teléfono de luns a venres en horario de 10h a 14h.
2º PASO
Reserva a quenda que máis che interese e formaliza a inscrición ingresando no noso número de conta o importe total do campamento.
Conta de cobro: ES42 0081 2314 5800 0120 3631 – Sabadell
Concepto: quincena ou mes + nome e apelidos do menor
3º PASO
Cubre o formulario online para a inscrición dende a nosa web.
TAMÉN PODES ACCEDER AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN NO SEGUINTE ENLACE:
https://forms.gle/aS6J3Yn1DLyFpcCt8
Deberás cargar en dito formulario o xustificante bancario.
4º PASO
Benvida/o! Xa chegamos ao final, se os pasos anteriores están ben recibirás un correo electrónico de confirmación!
Descarga o PDF de AUTORIZACIÓN adxunto no correo e entrégao asinado o día de comezo da actividade.

CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN

MOI IMPORTANTE!

Asegúrate de cubrir o formulario de inscrición e de adxuntar o xustificante , xa que contabilizamos as prazas coa recepción dos mesmos. Se está correctamente enviado chegaralle un correo electrónico confirmando o envío do formulario de inscrición.

En caso de cancelación por parte da familia, ésta deberá notificarse por correo electrónico ao enderezo administracion@inquedanzas.org

A cancelación poderá efectuarse en calquera momento antes da data do campamento, debendo abonar os gastos de xestión
(20€) máis os gastos de cancelación que se indican a continuación:

Antes dunha semana, o 25%.
Menos dunha semana do comezo da actividade ou se o participante causa baixa durante a actividade, o 100%.

En caso de baixa xustificada, a cancelación deberá comunicarse nun prazo máximo de 24 horas. Será imprescindible a
presentación da documentación (informe médico ou xustificante laboral) nun prazo máximo de 7 días dende a comunicación da baixa.

AS NOSAS INSTALACIÓNS

O campamento realízase nas instalacións de Inquedanzas, en un espazo inmerso na natureza, na vila de Cans, Concello do
Porriño. A 23 minutos de Vigo, 12 minutos dende Ponteareas ou 20 minutos de Salvaterra do Miño.

AS ACTIVIDADES DE INQUEDANZAS

Tódalas actividades serán levadas a cabo por monitoras con formación e experiencia en actividades vivenciais na natureza e con perspectiva de xénero. Ademais, dende Inquedanzas dámoslle moita importancia a que as crianzas teñan adultas que lles falen na lingua galega. Dende a primeira edición o noso propósito está en deseñar programas que brinden oportunidades de ocio inclusivo, o noso lema é “A inclusión non se aprende, a inclusión vívese”. O éxito das nosas actividades está na baixo ratio de profesional por grupo e na especialización das monitoras e monitores, ofrecendo así os apoios que precisa cada nena e neno no momento necesario.

O deseño e programación das actividades seguen a seguinte liña:

  • Xogos cooperativos e deportivos para favorecer a inclusión e o valor da diversidade na nosa sociedade.
  • Construcción de espazos propios con elementos naturais e que estimulan o desenvolvemento integral das nenas e nenos.
  • Exploración medioambiental para conectarnos ca natureza.
  • Talleres de cociña para deixar voar a imaxinación e que saia toda a creatividade que agochan as crianzas.
  • Danza e xogos de psicomotricidade para unha boa integración sensorial, xenerando confianza e seguridade claves para a autoestima e autoconcepto da crianza.
  • Ioga e mindfulness para aprender a regularnos e estar moi presentes, estimulando a concentración e atención.
  • Os xogos de auga non poden faltar para refrescarnos.
  • Outras actividades artísticas a través da música, o teatro e a pintura estarán moi presentes nas actividades de verán.

PREPARANDO A MOCHILA DIARIA

  • Traerán todo identificado co seu nome
  • Cada nena e cada neno deberá traer unha mochila ou bolsa có seu nome nun lugar visible e esta conterá:
  • Comida para a media mañá, recomendamos traer alimentos sans como froitas e evitar a bollería ou ultra procesados.
  • Unha bolsa de baño con toalla de baño, roupa de baño, crema de protección solar, chanclas e gorro para o sol.
  • Roupa e calzado para choiva, pois a idea é facer a maior parte das actividades en contacto coa natureza. Esta roupa podedes traela soamente no caso que sexa preciso polas condicións climáticas.
  • PREPARANDO A BOLSA PARA MUDA
  • Unha muda completa de recambio nunha bolsa identificada co seu nome (camiseta manga curta, sudadeira, pantalón cómodo, calcetíns, roupa interior e calzado) todo marcado co seu nome. Esta bolsa pode quedar e soamente levar a casa no caso de que se usara, co fin de evitar cargar tódolos días a bolsa.

NON ESTÁ PERMITIDO
Non está permitido…traer xoguetes, cromos, consolas, teléfonos, así como obxectos de valor ou diñeiro. Tampouco deben traer caramelos ou gominolas para evitar problemas con outras nenas ou nenos con alerxias alimentarias.

CONTACTA CON NÓS:
www.inquedanzas.org

administracion@inquedanzas.org

683308352 / 986658532
(horario de atención telefónico de luns a venres de 10h a 14h)

VISÍTANOS EN:

O Buraco, 1 Atios O Porriño 36418 Pontevedra