Verán de Inquedanzas 2022 As Pedriñas (Tameiga-Mos)

INFORMACIÓN

Datas
Posibilidade de acudir por quincenas ou mes completo, agás a posibilidade de acudir a última semana de xuño e a semana de agosto:
Semana do 27 de xuño ao 1 de xullo
1ª quincena de xullo: dende o 4 ao 15 de xullo 2ª quincena xullo: dende o 18 ao 29 de xullo
1ª quincena de agosto: dende o 1 ao 12 de agosto 2ª quincena de agosto: dende o 15 ao 26 de agosto Semana do 29 de agosto ao 2 de setembro
Son FESTIVOS o 25 de xullo e 15 de agosto
Horario
De luns a venres nos seguintes horarios: Horario para plan madruga dende ás 8:00h Horario de 9:00h a 14:00h
Horario de comedor de 14:00h a 15:00h
(poderán traer o tupper da casa ou mercar o menú infantil na cantina por 6€/ día)
Idades
De 3 a 12 anos. Os 3 anos teñen que estar cumpridos no momento de formalizar a inscrición.

PRAZOS DE INSCRICIÓN

• Para as familias socias das Pedriñas, reserva de praza dende o 18 de maio.
Para as familias non socias das Pedriñas, reserva de praza dende o 28 de maio.
TARIFAS

Mes Familias socias / familias non socias

9h a 14h: 170€ / 260€
8h a 15h: 250€ / 390€
8h a 14 ou 9h a 15h: 240€ / 330€

Quincenas Familias socias / familias non socias

9h a 14h: 90€ / 170€
8h a 15h: 130€ / 210€
8h a 14 ou 9h a 15h: 120€ / 220€

Semanas * Familias socias / familias non socias

9h a 14 h: 60€ / 100€
8h a 15:00h: 120€ / 180€
8h a 14 h ou 9h a 15h: 90€ / 130€
*Únicas semanas con opción de acudir a semana solta son a do 27 de xuño e a semana do 29 agosto ao 2 setembro

*A partir do segundo irmán aplicarase un desconto dun 5%.
*Días soltos de horario conciliación e comedor: 6€/servizo e hora.
*Os prezos inclúen un seguro de accidentes por cada crianza.

CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN

1º PASO
Consulta o estado actualizado das prazas na nosa páxina web https://inquedanzas.org/ antes de facer o ingreso ou ben nos nosos números de teléfono de luns a venres en horario de 10h a 14h.

2º PASO
Reserva de xuño e xullo: Formaliza a inscrición ingresando no noso número de conta o importe total do campamento.
Reserva de agosto: Formaliza a inscrición ingresando no noso número de conta 90€ en concepto de reserva de praza. A data límite do importe restante será efectuada con un mínimo de 3 días antes de comezar a quenda correspondente.
Reserva de setembro: Formaliza a inscrición ingresando no noso número de conta o importe total do campamento.

Conta de cobro: ES1200812314500006140020 – Sabadell
Concepto: quincena ou mes + nome e apelidos do menor

3º PASO
Cubre o formulario online para a inscrición dende a nosa web. TAMÉN PODES ACCEDER AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN NO SEGUINTE ENLACE:
https://forms.gle/3VpT5KpLS3Qy1Rrx8
Deberás cargar en dito formulario o xustificante bancario.

4º PASO
Benvida/o! Xa chegamos ao final, se os pasos anteriores están ben recibirás un correo electrónico de confirmación!
Descarga o PDF de AUTORIZACIÓN adxunto no correo e entrégao asinado o día de comezo da actividade.

CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN

MOI IMPORTANTE!

Asegúrate de cubrir o formulario de inscrición e de adxuntar o xustificante , xa que contabilizamos as prazas coa recepción dos mesmos. Se está correctamente enviado chegaralle un correo electrónico confirmando o envío do formulario de inscrición.

En caso de cancelación por parte da familia, ésta deberá notificarse por correo electrónico ao enderezo
administracion@inquedanzas.org

A cancelación poderá efectuarse en calquera momento antes da data do campamento, debendo abonar os gastos de xestión (20€) máis os gastos de cancelación que se indican a continuación:
Antes dunha semana, o 25%.
Menos dunha semana do comezo da actividade ou se o participante causa baixa durante a actividade, o 100%.

En caso de baixa xustificada, a cancelación deberá comunicarse nun prazo máximo de 24 horas. Será imprescindible a presentación da documentación (informe médico ou xustificante laboral) nun prazo máximo de 7 días dende a comunicación da baixa.

AS PEDRIÑAS

O territorio Cultural As Pedriñas naceu no ano 1992 da man da Comunidade de Montes de Tameiga. Esta comunidade apostou dende os seus comezos por reinvertir grande parte dos beneficios que xenera o monte comunal na creación dun espazo de esparcimento cultural, social e deportivo en Tameiga.

O centro cultural As Pedriñas, conta con 35.000m2 de zona verde que convirte este espazo nun privilexio natural en pleno corazón industrial. Pistas deportivas, piscinas, monte veciñal, rutas, tirolina, un espazo privado aberto ao conxunto da poboación.

AS ACTIVIDADES DE INQUEDANZAS

Tódalas actividades serán levadas a cabo por monitoras con formación e experiencia en actividades vivenciais na natureza e con perspectiva de xénero. Ademais, dende Inquedanzas dámoslle moita importancia a que as crianzas teñan adultas que lles falen na lingua galega.

A programación das nosas actividades seguirán a seguinte liña: Xogos cooperativos e deportivos para favorecer a inclusión e o valor da diversidade na nosa sociedade.
Construcción de espazos propios con elementos naturais e que estimulan o desenvolvemento integral das nenas e nenos.
Exploración medioambiental para conectarnos ca natureza. Talleres de cociña para deixar voar a imaxinación e que saia toda a creatividade que agochan as crianzas.
Danza e xogos de psicomotricidade para unha boa integración sensorial, xenerando confianza e seguridade claves para a autoestima e autoconcepto da crianza.
Ioga e mindfulness para aprender a regularnos e estar moi presentes, estimulando a concentración e atención.
Os xogos de auga non poden faltar para refrescarnos.
Outras actividades artísticas a través da música, o teatro e a pintura estarán moi presentes nas actividades de verán.

PREPARANDO A MOCHILA DIARIA

Traerán todo identificado co seu nome
Cada nena e cada neno deberá traer unha mochila ou bolsa có seu nome nun lugar visible e esta conterá:
Comida para a media mañá, recomendamos traer alimentos sans como froitas e evitar a bollería ou ultra procesados.
Unha bolsa de baño con toalla de baño, roupa de baño, crema de protección solar, chanclas e gorro para o sol.
Roupa e calzado para choiva, pois a idea é facer a maior parte das actividades en contacto coa natureza. Esta roupa podedes traela soamente no caso que sexa preciso polas condicións climáticas.
PREPARANDO A BOLSA PARA MUDA
Unha muda completa de recambio nunha bolsa identificada co seu nome (camiseta manga curta, sudadeira, pantalón cómodo, calcetíns, roupa interior e calzado) todo marcado co seu nome. Esta bolsa pode quedar e soamente levar a casa no caso de que se usara, co fin de evitar cargar tódolos días a bolsa.

NON ESTÁ PERMITIDO
Non está permitido…traer xoguetes, cromos, consolas, teléfonos, así como obxectos de valor ou diñeiro. Tampouco deben traer caramelos ou gominolas para evitar problemas con outras nenas ou nenos con alerxias alimentarias.

CONTACTA CON NÓS:
www.inquedanzas.org

administracion@inquedanzas.org

683308352 / 986658532
(horario de atención telefónico de luns a venres de 10h a 14h)

VISÍTANOS EN:

O Buraco, 1 Atios O Porriño 36418 Pontevedra

N Rexistro Sanitario: C 36 002797

Entidade Prestadora de Servizos Sociais da Consellería de Política Social: E-6580