centro socio sanitario SERGAS

Como traballamos coas familias

Oír

Sen compromiso

Estamos para dar respostas as túas necesidades particulares. Sabemos que cada familia é única, como cada crianza. Por iso, partimos das preocupacións e necesidades de cada familia, elaborando programas propios e axustados.

1

Soa o teléfono

A primeira chamada é sobre todo de escoita e, se está dentro da nosa área de traballo, comezamos a facernos coas necesidades particulares de cada persoa. Desta maneira poderemos facilitar un orzamento no caso de que sexa preciso unha valoración, ou intervir directamente porque esta valoración xa está realizada.

2

Quedamos?

Despois concretamos unha entrevista para estudar a intervención e o contexto máis favorable.

No caso de precisar unha Avaliación psicoeducativa temos en conta as expectativas e a demanda das familias mediante entrevistas, a observación directa e a aplicación de probas estandarizadas.

3

Comezamos!

E por último plantexamos os obxectivos de intervención específicos e personalizados. Potenciando as súas capacidades e traballando as súas dificultades, adaptamos o material de intervención a cada nena/o e adolescente.

123

Centro socio sanitario:

Inquedanzas é un centro autorizado polo sergas con rexistro sanitario C-36-002797.

E somos centro autorizado para libranzas vinculadas a servizos de autonomía persoal da Xunta de Galicia: RUEPSS: e-6580

Convenios de colaboración:

Estamos vinculadas a: