Sobre o equipo inquedanzas
Traballo colaborativoUnión
Sete persoas
Somos sete profesionais de distintas disciplinas unidas para dar respostas de maneira individualizada e axustada as necesidades particulares de cada persoa/ neno e nena, adolescente ou familia. Traballamos de maneira interdisciplinar e transdiciplinar:
Interdisciplinar porque somos profesionais de diferentes disciplinas, con un espazo formal para un traballo de colaboración. As decisións e os obxectivos son elaborados por todo o equipo en coordinacións periódicas.
Transdisciplinar porque compartimos os coñecementos e estratexias de intervención dende as distintas disciplinas entre todas as persoas que formamos o equipo.
Todas as profesionais do equipo realizan orientacións e avaliacións cando é preciso e deste xeito a titora de referencia pode dar respostas axeitadas as necesidades e preocupacións de cada familia.

Estamos unidas nun traballo de colaboración e mellora continua
Somos

Mari Carme Vaqueiro
Graduada en Terapia Ocupacional pola Universidade de Oviedo
Certificada en Integración Sensorial pola Universidade do Sur de California
Especialista en Intervencións Asistidas con Animais
Mari é terapeuta ocupacional e directora de Inquedanzas. No comezo dos seus estudos descubriu a importancia de formarse na teoría de Integración Sensorial, debido a implicación que ten este desorde en nenas e nenos con dificultades do desenvolvemento. Adora os animais e a natureza por iso se especializou na intervención asistida con animais, e adícase no seu tempo libre á pintar experimentando co óleo, a acuarela… Desfruta conquistando sorrisos ás crianzas e imaxina un futuro no que a inclusión, en todos os ámbitos da sociedade, xa non sexa unha utopía.

Guadalupe Tejero Novelle
Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Máster en Asesoramento e Orientación Familiar pola USC.
Especialista en Intervención pedagóxica e dificultades de aprendizaxe.
Lupe, pedagoga, cualidades coma a constancia e a paciencia destacan no seu quefacer diario. As súas intervencións teñen coma obxectivo potenciar as capacidades de cada neno e nena a través dunha pedagoxía respectúosa e centrada nas necesidades persoais e educativas de cada crianza.
A súa labor de apoio pedagóxico as crianzas, estendese as familias, e ao profesorado, e empápase da filosofía “Ubuntu, que é: Eu son porque nos somos”. “Implica ter en conta ao outro. É unha forma de sentir en común, de traballar en común e de por a disposición, de todos ou de moitos, os logros e éxitos propios e dos demais”.

Natividad Coto Justo
Diplomada en Logopedia pola Universidade da Coruña
Título de Técnico superior en Interpretación de Lingua de Signos en Áxel Casal- Monte Alto de A Coruña.
Formación continuada específica en Trastorno do Espectro Autista.- Formación en Integración Sensorial
Nati é logopeda neonatal e asesora de lactancia, como profesional conta con moitas cualidades, pero debemos destacar a súa gran capacidade de escoita e empatía. Especializada na intervención con bebés e crianzas, Nati conta con unha vagaxe de experiencia e formación importante, axúdanos con todo o seu cariño e profesionalidade a potenciar a comunicación e a linguaxe, así como no asesoramento e intervención cos bebés e as mamás sobre lactación.

Susana Lorenzo Vázquez
Diplomada en Terapia Ocupacional. Escola de la Creu Roja de Terrassa, Barcelona
Técnica superior en Integración Social. I.E.S. Portovello. Ourense
Actualmente estuda Dirección escénica e dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramático de Vigo.
Susana, terapeuta ocupacional e apaixonada do teatro. Unha das súas habilidades é poder transportarnos a mundos imaxinarios, sacar o mellor de cada persoa e facer que as crianzas desenvolvan a súa creatividade no seu máximo potencial. Encántalle viaxar e estivo traballando e realizando voluntariados en diferentes países coma na ‘Mozaïek Institution’ en Bélxica, no Centro Sociosanitario Sant Llatzer de Terrassa en Barcelona, no Instituto de Promoción Humana en Nicaragua ou na Fundación Vicente Ferrer na India.

Fernando Vidal Salgado
Licenciatura en Psicoloxía. Facultad de Ciencias de la Educación y Psicología de la Universidad de Santiago de Compostela – U.S.C.
Experto en Mediación Intercultural. Concelleria de Asuntos Sociais, Concello de Vigo.
Posgrado en Psicología Sanitaría. Colegio oficial de psicólogos de Galicia- C.O.P
Fer, o psicólogo, achega a empatía e comprensión adaptándose á situación persoal e única de cada persoa. Estivo como coordinador de programas de intervención na Asociación de protección á infancia “Generatia Tanara” en Timisoara, Romania.” A súa traxectoria profesional está centrada no traballo coas crianzas porque sabe que os primeiros anos de vida son fundamentais para o seu desenvolvemento futuro, proporcionándolles as ferramentas necesarias para afrontar os conflitos que poidan xurdir ó longo das súas vidas

Ana Isabel García Núñez
Grao en Logopedia
Posgrao en Atención temperá
Técnico superior en Educación Infantil
Máster en logopedia clínica en daño neurolóxico
Ana é logopeda e educadora infantil, destaca o empeño por facer de cada sesión unha aventura para ás crianzas, e aplicar e integrar os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación no xogo, xa que non hai mellor forma de aprender que xogando. Preocúpase por manterse en continua formación e polo benestar das crianzas e as súas familias, buscando a motivación de cada crianza nas súas sesións. Encántalle a música e entre as súas aficións está tocar o saxofón.

Lorena Alonso
Diplomatura Traballo Social Universidade de Vigo
Máster De Xénero Universidade de Vigo
Técnica Superior En Integración IES Portovello Ourense
Lorena, a traballadora social, sabe que todas as causas poden ser gañadas só hai que defendelas e insistir tecendo redes. A súa práctica profesional xira ao redor das historias de vida, especialmente das mulleres, e como a interacción có medio atravesa as súas experiencias. Sempre coa xenealoxía ao lombo, achega da súa avoa Saladina a grandeza das gargalladas e o terapéutico do riso, da súa nai a valentía, a resiliencia e das palabras de ambas, o feminismo e a necesidade de aplicalo en todos os ámbitos.