CENTRO DE APRENDIZAXE ACTIVO E VIVENCIAL

Espazo inclusivo

Vive

Aprendizaxe

Estimulamos as capacidades de aprendizaxe dende bebés, porque tódalas nenas e nenos teñen fortalezas e cando aparecen dificultades valoramos para potenciar ao máximo as capacidades de aprendizaxe.

Escolas

Realizamos asesoramentos nas escolas, tamén intervimos realizando as sesións no contexto natural das aulas e patios, e mantendo a coordinación constante cos equipos docentes para unificar os obxectivos e as estratexias claves para o éxito da intervención.

Saúde

Estamos especializadas na intervención de trastornos do desenvolvemento e problemas a nivel condutual, realizamos unha valoración e detectamos as necesidades de cada persoa nun traballo totalmente individual para acadar o maior benestar emocional na persoa e a maior calidade de vida na súa familia.

Familias

En Inquedanzas traballamos capacitando as familias dende a primeira entrevista ata a alta do servizo, ofrecendo ferramentas e estratexias para abordar as problemáticas que se poden presentar no día a día.
Sabemos que cada familia é única, as familias son diversas como cada crianza. Por iso, partimos sempre das preocupacións e necesidades de cada familia en particular, para elaborar programas axustados a túas demandas e necesidades particulares.

En equipo

Somos un equipo de profesionais de distintas disciplinas unidas para dar resposta de maneira individualizada e axustada ás necesidades de cada nena/o, adolescente e as súas familias. Traballamos de maneira interdisciplinar e transdiciplinar: en inquedanzas hai unha titora de referencia, pero calquera profesionaldo equipo pode realizar unha intervención cando sexa preciso para favorecer o resultado positivo.

Natureza

Integramos as nosas actividades e sesións terapéuticas nun espazo en contacto coa natureza e con animais. Un espazo de aprendizaxe e terapias diferente!

Coñece a nosa casa, un espazo inclusivo de aprendizaxe activo e vivencial. Un espazo activo de aprendizaxe vivencial que provoque as ganas de movemento, ilusión, compartir e xogar! Si, xogar é a ferramenta que temos dende que nacemos para desenvolver as áreas motoras, cognitivas e da comunicación e linguaxe. Se coidamos o xogo, e o contexto no que xogamos así como valoramos a promoción da autonomía na infancia, podemos potenciar maiores aprendizaxes e maior confianza e autoestima para medrar felices.

Pensamos que o mellor contexto para traballar habilidades sociais é en un grupo con nenas e nenos xogando felices, con moito espazo e co apoio de profesionais cualificadas.