un espazo diferente de terapias

Aprendizaxe activo e vivencial

Saber

Unidade de Atención Temperá

A atención temperá é o conxunto de intervencións destinadas a crianzas de 0 a 6 anos, a súa familia e ao entorno.  A atención temperá ten como obxectivo responder o máis rápido posible ás necesidades transitorias ou permanentes de crianzas con trastornos no desenvolvemento ou que están en risco de padecelos.

Existen sinais claras e consensuadas internacionalmente que nos deben alertar sobre posibles alteracións. Aprenda as sinais. Reaccione pronto! Máis información na páxina web:

Centros para o control e a prevención de enfermidades.

A quen vai dirixido?

  • Bebés con encefalopatías e parálise cerebral infantil
  • Síndromes xenéticos
  • Bebés prematuros ou con baixo peso ao nacer
  • Alteracións sensoriais: auditiva e visual
  • Crianzas con sospeita ou diagnóstico dentro do Espectro Autista
  • Familias que precisen unha valoración por sospeitas dun retraso psicomotor/madurativo
diagnostico de trastornos en niños y niñas con problemas de aprendizaje, bebes y adolescescentes
diagnostico de trastornos en niños y niñas con problemas de aprendizaje, bebes y adolescescentes
terapia ocupacional habilidades motoras integracion niños y niñas colegio

Terapia ocupacional

O desempeño ocupacional das nenas e dos nenos (vestido, alimentación, xogos, etc.) pode estar afectada por dificultades nas habilidades motoras (motricidade fina, movementos coordinados coas dúas mans…), cognitivas (memoria, atención, percepción…), habilidades de relación e comunicación, problemas no procesamento sensorial e por dificultades na aprendizaxe. Os obxectivos xerais son acadar a máxima integración das nenas/os no espazo educativo, aumentar a autonomía e independencia nas actividades da vida diaria, mellorando así a súa calidade de vida e a das súas familias.

Especializadas en integración sensorial

As dificultades na Integración Sensorial acontecen cando un neno ou unha nena non procesa de maneira efectiva a información que recibe do tacto, da localización das partes do seu corpo no espazo, do movemento ou da gravidade, e/ou dos outros sistemas sensoriais. Un bo concepto de un mesmo ou de unha mesma, o autocontrol e a confianza proceden do sentimento de que o propio corpo é un ser que sinte e se move de maneira competente e é capaz de responder as demandas do entorno. Unha boa integración sensorial permite funcionar ben tanto a nivel escolar como nas actividades da vida diaria.

A quen vai dirixido?

A intervención desde Terapia Ocupacional pode beneficiar a nenas e nenos que presentan:

    • Retraso psicomotor e debilidade motriz
    • Bebés prematuros ou gran prematuros
    • Dispraxia infantil e dificultades no equilibrio e na coordinación
    • Trastornos psicomotrices
    • Dificultades na comunicación e no manexo das relacións sociais
    • Alteracións no procesamento sensorial
    • Problemas de regulación emocional na infancia
    • Nenas e nenos con alta inhibición e/ou impulsividade motriz
    • Dificultades na motricidade fina e grafomotricidade
    • Rexeitamento ao uso do inodoro
    • Dificultades na alimentación: crianzas con dietas moi restritivas e/ou dificultades na deglución.
    • Afectación neurolóxica e/ou síndrome xenético

Embarazo e lactancia

A lactancia materna é unha experiencia vital que crea un vínculo moi forte entre a nai e o bebé. Dende o embarazo podemos dar información e asesoramento para unha lactancia exitosa, así como no proceso para un destete respectuoso.

A quen vai dirixido?

En Inquedanzas ofrecemos apoio para axudar a todas as nais que presenten dificultades na lactación como enganches dolorosos, obstrucións, prevención e cura de grietas, mastitis, ingurgitaciones, relactación, perlas de leite…Se o precisas facemos asesoramento durante o embarazo.

diagnostico de trastornos en niños y niñas con problemas de aprendizaje, bebes y adolescescentes
diagnostico de trastornos en niños y niñas con problemas de aprendizaje, bebes y adolescescentes

Bebés

Axudámosche desde a logopedia neonatal cando o teu bebé presenta unha disfagia. Disfagia defínese como a dificultade para tragar. Neonato é o recén nacido nas súas 4 primeiras semanas de vida; por tanto, a disfagia neonatal é a dificultade que teñen os bebés recentemente nacidos á hora de tragar o alimento e que chegue ao estómago.

Os papás ou as mamás poden detectar algúns dos seguintes signos:

  • Tose ou atragoamento durante a toma
  • Non hai un bo agarre ao peito ou ao biberón (hai escape de leite polas comisuras)
  • Aparece dor ou non hai un bo baleirado de peito
  • O bebé non gaña peso
  • Aparecen signos de estrés no bebé durante a alimentación ou tomas excesivamente longas

A quen vai dirixido?

A logopedia neonatal está dirixida a bebés prematuros e neonatos con succión nutritiva e non nutritiva que precisen dunha valoración e/ou estimulación

Psicoloxía

Traballamos para coidar a saúde mental das crianzas e adolescentes. Valoramos e intervimos nas posibles dificultades que se presentan na etapa infanto-xuvenil.

Dende o enfoque da terapia familiar sistémica traballamos centrándonos no presente das persoas e no acompañamento de cara a atopar as solucións aos síntomas existentes dentro do contexto actual: familiar e social.

Contacta con nós se percibes dificultades no neno/a ou adolescente a nivel cognitivo, emocional ou se precisas un asesoramento puntual na crianza da túa filla/o: manexo de rabietas, apoio a súa autoestima,…

A quen vai dirixido?

  • Medos ou fobias
  • Dificultades do sono e ou ansiedade
  • Dificultades de arendizaxe
  • Dificultades na alimentación
  • Problemas de conduta: agresividade, manexo das perrenchas,…
  • Inseguridade ou baixa autoestima
  • Problemas emocionais derivados de determinadas situacións:  separación dos pais, morte, acoso, adopción,…
  • Dislexia e outras dificultades específicas de aprendizaxe
diagnostico de trastornos en niños y niñas con problemas de aprendizaje, bebes y adolescescentes
diagnostico de trastornos en niños y niñas con problemas de aprendizaje, bebes y adolescescentes
pedagogia hiperactivos autismo deficit atencion porriño

Pedagoxía

A pedagoxía é un conxunto de saberes que se ocupan da educación como fenómeno tipicamente social e especificamente humano. É por tanto unha ciencia de carácter psicosocial que ten por obxecto o estudo da educación coa fin de coñecela e perfeccionala.

Dende a área de pedagoxía realizamos:

  • Avaliación psicoeducativa valorando as expectativas e a demanda das familias mediante entrevistas, a observación e a aplicación de probas estandarizadas.
  • Orientación persoal, familiar e escolar. Traballamos asesorando as nosas familias a nivel pedagóxico
  • Educación de persoas con necesidades específicas de apoio educativo con Obxectivos de intervención específicos e personalizados, potenciando as súas capacidades e traballando as súas dificultades, adaptamos o material de intervención a cada nena/o.

A intervención pedagóxica está orientada a:

  • Alumnado con problemas de aprendizaxe relacionadas coa lectura (dislexia…), escritura (disgrafía…), cálculo (discalculia…)
  • Alumnado con dificultades de razoamento ou dificultades atencionais. (Déficit de atención e hiperactividade)
  • Persoas con necesidades específicas de apoio educativo que precisen dun programa de pedagoxía terapéutica.
  • Tamén se poden beneficiar estudantes con altas capacidades ou con ansiedade e angustia ao centro escolar.

Logopedia

A Logopedia é a disciplina científica e a profesión encargada do estudo, a investigación, a prevención, a avaliación, o diagnóstico e o tratamento en todas as áreas da comunicación humana, linguaxe, fala, voz, audición e funcións orais non verbais, tanto nos seus aspectos normativos como patolóxicos, ao longo de todo o ciclo vital da persoa, desde o nacemento ata a última etapa da vida.

A comunicación é unha ferramenta fundamental para interaccionar co medio que nos rodea. Na etapa infantil a logopedia é unha gran axuda para mellorar a súa comunicación.

A logopedia trata os problemas de aprendizaxe relacionadas con:

  • Dificultades na lectura e escritura (Dislexias, disgrafias, discalculias, trastornos da aprendizaxe)
  • Trastornos do desenvolvemento da linguaxe (Dislalias, Disglosias)
  • Trastornos da fluidez, Disfonía infantil, Respiradores orais, afasias, disfasias, disartrias, etc.
  • Problemas da voz, deglución atípica, trastornos neurolóxicos, dificultades da comunicación asociados a autismo, así como os Trastornos da deglución e da alimentación ou en nenos e nenas con Hipoacusias e Implantes cocleares.
diagnostico de trastornos en niños y niñas con problemas de aprendizaje, bebes y adolescescentes
pedagogia alternativa niños gabinete centro especializado
atencion terapeutica en casa en domicilio diversidad terapia en casa

Atención terapéutica no domicilio

As necesidades de apoio familiar e de estimulación das nenas e nenos varían de maneira considerable. Por este motivo as nosas intervencións terapéuticas realízanse tanto nas nosas instalacións en Cans, Porriño, como na túa propia casa ou no que, de xeito técnico, chamamos outros contextos naturais como a escola

Sabemos que cada familia é única, as familias son diversas como cada crianza. Por iso, partimos sempre das preocupacións e necesidades de cada familia en particular, para elaborar programas axustados a túas demandas e necesidades particulares.

A quen vai dirixido?

Para crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias que precisen Atención Temperá, ou maiores de 6 anos nos que se considere a intervención nos contextos naturais sexa máis beneficiosa que na nosa casa de Inquedanzas.

Habilidades sociais: talleres en grupo

Xogar é a ferramenta que temos dende que nacemos para desenvolver as áreas motoras, cognitivas e da comunicación e linguaxe. Se coidamos o xogo, e o contexto no que xogamos así como valoramos a interacción social na infancia, podemos potenciar maiores aprendizaxes e maior confianza e autoestima para medrar felices.

Pensamos que o mellor contexto para traballar habilidades sociais é en un grupo, con nenas e nenos xogando felices.

Ofrecemos un espazo de aprendizaxe que provoca as ganas de movemento, ilusión, xogar e aprender co apoio de profesionais cualificadas.

A quen vai dirixido?

Os programas de habilidades sociais está dirixido á crianzas e adolescentes que precisen apoio na aprendizaxe de habilidades sociais.

Poden beneficiarse dunha intervención grupal as persoas con autismo, persoas con altas capacidades ou outras condicións con dificultades para manexarse nas relación sociais.

diagnostico de trastornos en niños y niñas con problemas de aprendizaje, bebes y adolescescentes